sábado, 4 de abril de 2020

APETÉCEVOS UN FLAN DE CHOCOLATE? ...IKER AXÚDACHE A FACELO PASO A PASO.

Hoxe, Iker comparte con todos nós a súa receita de Flan de Chocolate. Animádevos a facela, está riquíííísimo!!



FLAN DE CHOCOLATE

Ingredientes:

  • 200 gramos de chocolate con leite en anacos.
  • 300 gramos de leite.
  • 200 gramos de nata líquida.
  • 1 sobre de callada en po.


Preparación no robot de cociña Monsieur cuisine connect:
  1. Poñemos no vaso o chocolate e programamos 10 segundos na velocidade 5-7-10.











 2. Engadimos os demais ingredientes agás o caramelo, e programamos 8 minutos, a temperatura 90º graos, velocidade 4.



 3. Mentras, caramelizamos os moldes, o rematar vertemos a mezcla nos moldes e deixámolos enfriar un pouco, cando estén mornos poñémolos na neveira para que cuaxen durante 4 ou 5 horas.




 4. LISTOS!!   A que teñen boa pinta? Riquíííísimos!!







Esta mesma receita tamén se pode facer con chocolate branco , e tamén se pode facer dun día para outro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario