martes, 14 de abril de 2020

FILETES RECHEOS DE XAMÓN E QUEIXO POR MATEO.


Hoxe Mateo fixo uns filetes recheos de xamón e queixo, unha receita sinxela, rápida e moi moi moi rica. 
Animádevos a cociñar!!


FILETES RECHEOS DE XAMÓN E QUEIXO

INGREDIENTES :
*Tres filetes de porco abertos en libro .
*Seis liscos de xamón york gordiñas .
*Tres liscos de queixo gordiños .
*Dous ovos .
*Pan relado.
*Fariña .
*Aceite de oliva.
*Sal .

ELABORACIÓN :
1. Batimos os dous ovos nun prato .Noutro prato botamos a fariña , e noutro o pan raiado. 
Reservamos .

2. Mazamos os filetes para que estean mais brandiños . Salámolos .


3. Abrimos os filetes e empezamos a rechealos , primeiro cunha loncha de xamón , despois cunha de queixo , e por último outra de xamón . Cerramos os filetes e prendémolos cuns palillos para que non se saia o recheo .

4. Vamos a empanalos .Primeiro pasámolos por fariña , despois por ovo , e por último en pan raido .Xa os temos listos para fritir












5. Nunha sartén botamos aceite de oliva abundante .Cando esté quente fritímolos polos dous lados ata que estén ben douradiños .Sacámolos para un prato con papel de cocina .





6. Podémolos acompañar con patacas fritas , arroz en branco ou ensalada .







UMMMM ....A COMER !!




No hay comentarios:

Publicar un comentario