martes, 21 de abril de 2020

POLO Ó FORNO

A que xa non sabedes o que facer de xantar? Pois hoxe Diego tráenos unha receita de polo ó forno. A que ten boa pinta?


POLO Ó FORNO

      Ingredientes:
  • Un polo enteiro.
  • Aceite de oliva.
  • Un vaso de viño blanco.
  • Un tomate.
  • Seis ou sete ceboliñas francesas.
  • Un pemento verde.
  • Dous dentes de allo.
  • Sal.
  • Pementa.









   Preparación:
  1. Picamos o polo e dourámolo na tixola, cando estea ben pasado poñémolo nunha pota de barro.

  1. Engadímoslle as ceboliñas, o tomate mondado e picado, os pementos en tiras, os allos ben picados, un chorro de aceite de oliva, un vaso de viño blanco, sal e pementa ao gusto.










  1. Poñémos a pota no forno, que xa o tíñamos quente (200 grados) hasta que estea cocido.







Podemos acompáñalo con patacas fritas, pasta ou arroz.

LISTO... A COMEEEEEER!!!!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario