viernes, 17 de abril de 2020

Receta de lasaña


Hoxe Alba tráenos unha receta riquísima de lasaña! Que boa pinta!
Ingredientes:
      1 cebola
      3 cenorias
      4 tomates
      1 allo
      Carne picada
      Espinacas
      1 folla de loureiro
      Unha pizca de sal
      Pementa negra
      Un chorro de viño blanco
      Placas de lasaña
      Tomate frito
      Ketchup
      Salsa boloñesa
      Mantequilla
      Queixo rallado

Ingredientes para facer a bechamel:
      Mantequilla
      Fariña
      Leite
      Noz moscada
      Sal
      Pementa negra
      Chorro de Brandy
Elaboración:
1.      O primeiro que temos que facer é picar a cebola, o allo, o tomate e a cenoria moi pequeniños poñémolos todos na pota cun chorro de aceite e deixámolos un anaco que se vaian cociñando. Engdimos a carne picada e máis tarde unhas follas de loureiro. Botamos un chorro de viño blanco e deixamos que se vaia cociñando aproximadamente 20 minutos. Poñémoslle un pouco de sal e pementa molida e tamén unhas poucas espinacas. Despois de 20 minutos poñemos un chorro de ketchup, un bote de salsa boloñesa e un cartón e medio de tomate frito, baixamos o lume e deixamos que se vaia mesturando todo.

 



















2.    Agora vamos facer a bechamel. Collemos un pota con un pouco de mantequilla e poñemos a pota ó lume. Engadímoslle unha pouca fariña e leite, e botámoslle una pouca noz moscada, sal, pementa negra e un chorro de Brandy e agora vamos removendo pouco a pouco para que se mesture e vaia espesando. Baixamos o lume e seguimos removendo.















3.      Agora vamos preparar as láminas de pasta. Poñemos as láminas de pasta nunha bandexa fonda con auga quente durante 10 minutos para que vaian ablandando, e logo poñemolas nun trapo para escurrirlles a auga. Unha vez feito esto collemos a fonte donde vamos preparar a lasaña e untámola con mantequilla para que non se pegue.















4.    Vamos a montar a lasaña. Collemos a bandexa cas láminas xa colocadas na base e añadimos a primeira capa de carne, e estendémola ben por toda a bandexa, agora engdimos a primeira capa de bechamel por encima da carne para que se estenda por toda a bandexa. Engadimos outra capa de pasta por encima e repetimos outra vez os pasos anteriores as veces que nos pareza ben. (No noso caso facemos tres capas). Poñemos a última capa de láminas de pasta encima e por último botamos o queixo raiado por encima e xa está lista para ir ó forno.



















5.    Por último poñemos a lasaña no forno e deixamos que se vaia dorando. Ao mesmo tempo vamos comprobando que se coce ben por dentro, cando xa está lista xa a podemos sacar e comela.


    
           Que aproveite!!
                                                                                                                Alba Pérez Blanco

No hay comentarios:

Publicar un comentario